xoves, 25 de febreiro de 2021

                                      ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro coa lectura dun dos seus poemas. Da man do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO) lembramos "A volta ó lar".


venres, 19 de febreiro de 2021

                                             ENTROIDO


Como non podía ser doutra maneira neste Entroido tiñamos que traballar, si ou si, sobre as máscaras. Máscaras tribais, máscaras do Entroido, máscaras funerarias, máscaras teatrais, máscaras da Peste Negra, máscaras venecianas, máscaras no cinema.

Sobre todas elas traballou o alumnado de todos os niveis facendo unha investigación que se plasmou nestas máscaras, e que deixa moi claro o potencial artístico que hai neste centro. Todas estas máscaras optan a premio, nas distintas categorías, no Concurso convocado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística.





venres, 5 de febreiro de 2021

 DÍA DA PAZ

Este curso o motivo central arredor do cal xirou boa parte do traballo do alumnado foi a carga simbólica da flor como elemento portador de paz. Dende o flower power dos anos 60, coas súas icónicas fotos de flores contra armas, ata as revolucións con nomes e presenza de flores (rosas de Georgia, caraveis en Portugal, flores brancas en Bielorrusia...). Flores como marco de frases sobre a paz, e flores tamén coas que se reproducen moitos dos símbolos da paz cuxa orixe tamén nos explicaron o alumnado nos seus traballos.
Traballo a cargo do alumnado de 1º e 3º de Valores, 2º de Investigación, e FPB Xardinería


martes, 22 de decembro de 2020

                                                          CALENDARIO 2021

A piques de rematar un ano que todos queremos esquecer, desexamos un 2021 de cine e doce meses de película.

O alumnado de Teatro de 2º de Bacharelato remata este trimestre coa elaboración dun calendario no que recrea escenas icónicas do Sétimo Arte que ilustran frases coñecidas por todos nós.



CENTENARIO DO NACEMENTO DE MIGUEL DELIBES

No ano no que se cumpren 100 anos do nacemento de Miguel Delibes queremos facer a nosa pequena homenaxe a este escritor, considerado un dos referentes da literatura en lingua castelá, coa lectura dalgúns breves fragmentos das súas obras.

Á calidade literaria de Delibes engádese a súa calidade humana. O autor mantívose sempre fiel aos seus principios e ás súas ideas: a defensa dos valores humanos, da autenticidade e da xustiza social.

A Delibes preocupábanlle as consecuencias negativas do progreso para a natureza e para o home. Pero o progreso que o escritor rexeita é aquel que sacrifica todo o humano en aras do consumo.

Nestes tempos nos que tanto se fala da España "vaciada", atopamos no escritor a reivindicación da cultura rural na que están as nosas raíces


venres, 18 de decembro de 2020

 CONTANDO HISTORIAS

Como remate do trimestre escollemos algúns traballos como mostra de todo o que se fixo


Nerea Abeal (2º ESO A)



Alumnado de Artes Escénicas (4º ESO)



Alumnado de Artes Escénicas (4º ESO)

                                                    CONCURSO VIOLENCIA DE XÉNERO
Aínda que un pouco tarde por fín temos ós gañadores do Concurso de Audiovisuais contra a Violencia de Xénero 2020. Son: Ana Rumbo (1º premio), Elia Durán (2º premio) e Miguel Rincón (3º premio)













Hai que salientar a participación e calidade dos vídeos presentados

venres, 27 de novembro de 2020

 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Este ano o alumnado de Valores Éticos de 1º e 3º da ESO traballou sobre letras de moitas cancións localizando contidos violentos e descubrindo que non só o reguetón é exemplo de xénero musical no que se atopan ideas machistas, sexistas e de violencia contra a muller.






A Bioblioteca e Dinamización convocaron ademáis un concurso de audiovisuais entre todo o alumnado cuxo faio coñeceremos en breve