luns, 30 de xaneiro de 2023

DIA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Himno da alegría polo día da paz
O 30 de xaneiro está dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. Nese día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza, e que foi asasinado por defender estas ideas.
O alumnado de 3 ESO fixo unha nova versión da letra do himno da alegría na que o desexo de paz é o protagonista. 
Grazas Bea pola túa colaboración.


Acrósticos pola paz 

O alumnado de Investigación de 2 ESO B fixo estes acrósticos e traballou sobre os principais símbolos da paz e as terribles cifras que arroxa a guerra de Ucraína 






Ningún comentario:

Publicar un comentario