luns, 16 de marzo de 2020

TRABALLO 3º ESO MÚSICA


3º ESO
MÚSICA



   Aquí déixovos o traballo para facer estes días

Comentarios de AUDICIÓNS: ademáis dos aspectos traballados na aula (timbre, tempo, textura, texto e estilo vocal, dinámica, armonía, carácter) incluíde a forma, e unha mención ao autor, a importancia da obra, anécdotas...




Do concertó de Bach analizade só o primeiro movemento






Este é o ano Beethoven, así que ides preparar una PRESENTACIÓN sobre este compositor incluíndo exemplos musicais (si podedes traballade co Audacity que é o máis doado)

Lembrade practicar coa frauta alguna das cancións que xa vimos e mirade a seguinte (CANON DE PACHELBEL):  (ollo, TODOS os SI son BEMOL)

E aquí vos deixo a parte teórica (as preguntas sobre teoría están ao final). Puxen enlaces a YouTube para os distintos exemplos de formas

TRABALLO 2º ESO VALORES

 2º ESO B
VALORES

Fai un traballo (unha presentación para expoñer) cos seguintes apartados:

1. Que é o ESTADO DE DEREITO?
       Diferencia entre cidadáns e súbditos
       Dereitos fundamentais dos cidadáns. Onde se recollen?
       A separación de poderes (Montesquieu)

2. A DEMOCRACIA
       Definición de democracia
       Orixe do termo
       Que é a soberanía popular?
       Valores nos que se basea a democracia
       A democracia representativa, democracia participativa, democracia directa
       Participación na democracia: voto (sufraxio universal), plebiscito, referendo
       Perigos da democracia; a demagoxia

3. España
       A Constitución española
       Quen elixe o poder lexislativo? Quen exerce ese poder?
       Cantas cámaras ten o parlamento español?
       Quen exerce o poder executivo? Quen o elixe?
       Que é o Consello Xeral do Poder Xudicial? Que funcións ten?

4. Dereitos Constitucionais
       Dereitos civís
       Dereitos políticos
       Dereitos sociais

       


TRABALLO 2º ESO MÚSICA

2º ESO 
MÚSICA






Aquí déixovos o traballo para facer estes días




Traballo teórico: A FORMA MUSICAL  (inclúe teoría e práctica)




 Como sabedes este é o ano Beethoven polo que imos traballar unha AUDICIÓN deste compositor. Incluíde na análise os apartados de sempre (timbre, tempo, textura, dinámica, armonía, carácter), e engadide a contextualización da obra (período ao que pertence, breve mención ao autor, importancia da obra, anécdotas...) e algunha referencia á interpretación (orquestra, solista, director..)


Traballo de EDICIÓN DE SON (AUDACITY): descargar 5 composicións de Beethoven (non vale á da audición). No Audacity gravar unha pequena introducción sobre o compositor e engadir un fragmento de cada composición (lembrade empregar a ferramenta de aparecer/esvaecer progresivamente) xunto coa vosa voz presentando cada fragmento. Que non pase de 5 minutos


Traballo de EDICIÓN DE PARTITURAS. No MUSESCORE compoñer unha melodía seguindo a seguinte estructura (sucesión de cordes)
               I - V / VI - IV / I - V/ IV - V/ I - V/ V- I/
Compás: 4/4
Ollade que son dous acordes por compás e que teñen a duración dunha branca (SEN DISONANCIAS NO INICIO DE CADA ACORDE)   Só tedes que escribir a melodía (os acordes só son unha guía) 
Instrumento: calquer instrumento en clave de sol
Escala de DO (SEN ALTERACIÓNS), polo que imos rematar a melodía en DO nota longa  


Para rematar lembrade prácticar coa frauta algunha das cancións que xa vimos e mirade a seguinte : 


   Se o necesitades aquí tedes un tutorial: https://www.youtube.com/watch?v=600iadl1zYE                                                                                                          

domingo, 15 de marzo de 2020

8 MARZO DÍA DA MULLER


                                                         EXPOSICIÓN 
       MULLERES EXPLORADORAS E COMPOSITORAS

A partir dos traballos do alumnado de Investigación de 2º ESO (Mulleres exploradoras) e de Música de 1º Bach (Compositoras) montamos a seguinte exposición 



As compositoras situadas no pentagrama e as exploradoras na bola do mundo


A exposición completouse cunha selección de libros 
CON NOME DE MULLER



Ademais de exponer os traballos, o alumnado de 2º ESO e 1º Bach fixo un novo programa de radio adicado a reivindicar a figura dalgunhas destas mulleres




venres, 28 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O pasado venres celebramos o Entroido no centro cun festival, presentado por Helena Castiñeira e Carlota Vidal,  no que participou todo o alumnado da ESO e parte do alumnado de Bacharelato

Os gañadores, nas distintas categorías, foron:



O ENTROIDO EN GALICIA

Ademais de celebrar o Entroido tamén aprendimos moitas cousas sobre esta tan típicamente galega


xoves, 20 de febreiro de 2020

Mitos románticos e violencia de xénero

          CHARLA: 
MITOS ROMÁNTICOS, VIOLENCIA DE XÉNERO E ESTEREOTIPOS NAS SERIES PARA ADOLESCENTES

O día 18 tivemos con nós a Maria Jose Masanet para falarlles ao alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato sobre mitos románticos, violencia de xénero e estereotipos nas series televisivas para adolescentes. 
María José Masanet é profesora e investigadora na Universidade de Barcelona, especialista en investigación mediática, adolescencia e xuventude, series de ficción, o xénero e a representación da sexualidade e a relación amorosa nos medios de comunicación.





luns, 17 de febreiro de 2020

PREPARANDO O ENTROIDO

                                                          Preparando o Entroido

Performance  do grupo de alumnos de Artes Escénicas de 4º ESO do IES Mugardos para alentar o alumnado a participar no Entroido deste ano


venres, 14 de febreiro de 2020

 14- FEBREIRO
DÍA DE SAN VALENTÍN




O amor pode ir en moitas direccións. Moitos dos nosos alumnos amosaron o seu "amor" por algúns libros desta biblioteca neste "photocall" 


A Biblioteca repartíu poemas de amor entre os alumnos, e estivo toda a semana adornada con motivos vinculados co amor: a rosa, a mazá e bombóns


venres, 31 de xaneiro de 2020

30 - XANEIRO
DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

A coñecida máxima "si vis pacem, para bellum" falsamente atribuída a César servíu de punto de partida, unha vez desbotada a apódose "para bellum", para que o alumnado reflexionase e aportase propostas para tratar de facer un mundo máis amigable.


Os traballos do alumnado quedaron recollidos nun enorme cartel no que as súas propostas completan e dan un novo sentido á prótese "si vis pacem"




MÚSICA E PAZ
Co segundo programa de radio deste curso sumámonos á celebración do Día da non violencia e a Paz cunha selección de obras musicais de distintas épocas históricas que dalgún xeito remiten ás guerras, ás súas consecuencias e ao desexo de rematar cos conflitos que azotan á humanidade desde o seus inicios.
Para rematar este programa contamos cunha versión propia do canon "Dona nobis pacem" de Mozart nas voces de: Lola, Gabriel (2º ESO), Helen (1º Bach) e a profesora Olga Recio, co acompañamento do alumnado de Música de 1º Bach nas frautas 


Elia Durán, Lucia Mei Gallego, Xoana Pérez, Helen Núñez, Yuxin Zheng, Marta Ibón,
Daniel Cartelle, Elisabeth Gañán
Gabriel Vila, Olga Recio, Lola Vigo, Helen Núñez