Aquí déixovos o traballo para facer estes días Comentarios de AUDICIÓNS: ademáis dos aspectos traballados na aula (timbre, tempo, textura, texto e estilo vocal, dinámica, armonía, carácter) incluíde a forma, e unha mención ao autor, a importancia da obra, anécdotas...
Do concertó de Bach analizade só o primeiro movemento
Este é o ano Beethoven, así que ides preparar una PRESENTACIÓN sobre este compositor incluíndo exemplos musicais (si podedes traballade co Audacity que é o máis doado) Lembrade practicar coa frauta alguna das cancións que xa vimos e mirade a seguinte (CANON DE PACHELBEL): (ollo, TODOS os SI son BEMOL)
E aquí vos deixo a parte teórica (as preguntas sobre teoría están ao final). Puxen enlaces a YouTube para os distintos exemplos de formas
Fai un traballo (unha presentación para expoñer) cos seguintes apartados:
1. Que é o ESTADO DE DEREITO?
Diferencia entre cidadáns e súbditos Dereitos fundamentais dos cidadáns. Onde se recollen? A separación de poderes (Montesquieu) 2. A DEMOCRACIA Definición de democracia Orixe do termo Que é a soberanía popular? Valores nos que se basea a democracia A democracia representativa, democracia participativa, democracia directa Participación na democracia: voto (sufraxio universal), plebiscito, referendo Perigos da democracia; a demagoxia 3. España A Constitución española Quen elixe o poder lexislativo? Quen exerce ese poder? Cantas cámaras ten o parlamento español? Quen exerce o poder executivo? Quen o elixe? Que é o Consello Xeral do Poder Xudicial? Que funcións ten? 4. Dereitos Constitucionais Dereitos civís Dereitos políticos Dereitos sociais
Traballo teórico: A FORMA MUSICAL (inclúe teoría e práctica)
Como sabedes este é o ano Beethoven polo que imos traballar unha AUDICIÓN deste compositor. Incluíde na análise os apartados de sempre (timbre, tempo, textura, dinámica, armonía, carácter), e engadide a contextualización da obra (período ao que pertence, breve mención ao autor, importancia da obra, anécdotas...) e algunha referencia á interpretación (orquestra, solista, director..)
Traballo de EDICIÓN DE SON (AUDACITY): descargar 5 composicións de Beethoven (non vale á da audición). No Audacity gravar unha pequena introducción sobre o compositor e engadir un fragmento de cada composición (lembrade empregar a ferramenta de aparecer/esvaecer progresivamente) xunto coa vosa voz presentando cada fragmento. Que non pase de 5 minutos
Traballo de EDICIÓN DE PARTITURAS. No MUSESCORE compoñer unha melodía seguindo a seguinte estructura (sucesión de cordes)
I - V / VI - IV / I - V/ IV - V/ I - V/ V- I/
Compás: 4/4
Ollade que son dous acordes por compás e que teñen a duración dunha branca (SEN DISONANCIAS NO INICIO DE CADA ACORDE) Só tedes que escribir a melodía (os acordes só son unha guía)
Instrumento: calquer instrumento en clave de sol
Escala de DO (SEN ALTERACIÓNS), polo que imos rematar a melodía en DO nota longa
Para rematar lembrade prácticar coa frauta algunha das cancións que xa vimos e mirade a seguinte :
Se o necesitades aquí tedes un tutorial: https://www.youtube.com/watch?v=600iadl1zYE
A partir dos traballos do alumnado de Investigación de 2º ESO (Mulleres exploradoras) e de Música de 1º Bach (Compositoras) montamos a seguinte exposición
As compositoras situadas no pentagrama e as exploradoras na bola do mundo
A exposición completouse cunha selección de libros
CON NOME DE MULLER
Ademais de exponer os traballos, o alumnado de 2º ESO e 1º Bach fixo un novo programa de radio adicado a reivindicar a figura dalgunhas destas mulleres
O pasado venres celebramos o Entroido no centro cun festival, presentado por Helena Castiñeira e Carlota Vidal, no que participou todo o alumnado da ESO e parte do alumnado de Bacharelato
Os gañadores, nas distintas categorías, foron:
O ENTROIDO EN GALICIA
Ademais de celebrar o Entroido tamén aprendimos moitas cousas sobre esta tan típicamente galega
MITOS ROMÁNTICOS, VIOLENCIA DE XÉNERO E ESTEREOTIPOS NAS SERIES PARA ADOLESCENTES
O día 18 tivemos con nós a Maria Jose Masanet para falarlles ao alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato sobre mitos románticos, violencia de xénero e estereotipos nas series televisivas para adolescentes. María José Masanet é profesora e investigadora na Universidade de Barcelona, especialista en investigación mediática, adolescencia e xuventude, series de ficción, o xénero e a representación da sexualidade e a relación amorosa nos medios de comunicación.