venres, 20 de marzo de 2020

3º ESO MÚSICA

3º ESO
MÚSICA


Aquí déixovos unha dirección para repasar de forma distinta a música barroca (o Barroco vai das páxinas 26/27 ás 35/36)

https://issuu.com/profesorlesty/docs/historia_de_la_musica  

Un apunte sobre o BAIXO CONTINUO e a MELODÍA ACOMPAÑADA (nova textura do período)
Na melodía acompañada unha voz levaba a melodía principal e o acompañamiento realizábano outras voces, xeneralmente interpretadas por instrumentos polifónicos (como o órgano ou o clave).
Estoutras voces daban apoio armónico á voz principal, desenvolvéndose unha técnica de acompañamiento chamada baixo continuo ou baixo cifrado. Debaixo da liña escrita do baixo anotábanse unhas cifras -o cifrado- que correspondían ás notas do acorde que debía crearse para completar o acompañamiento. Isto foi moi innovador: estas notas podían interpretarse como acorde, ou arpegio, ou con notas de paso... Así que cada instrumentista dáballe un toque persoal, ás veces improvisando sobre ese acorde. Tamén podía ocorrer que un instrumento de son grave realizase a liña escrita do baixo (o violoncello, por exemplo) e outro instrumento máis agudo interpretase o cifrado (a arpa, por exemplo).


Imos ver un exemplo visual de Baixo continuo. A peza comeza cun recitativo acompañado polo baixo continuo. As tres capas sonoras serían a voz aguda, o reencho de acordes do clave e o baixo no violoncelo. Como se pode ver no video o reencho de acordes NON se adoitaba escribir e tocábase ou improvisaba segundo o cifrado da liña melódica do baixo (baixo cifrado). A partir do segundo 40 comeza o dúo (en forma de diálogo entre voz e flauta con forma de eco e lixeiro contrapunto) entre voz e flauta, máis o continuo no clave e o violoncelo. Logo volve o recitativo para continuar nunha estrutura que alterna recitativo e dúo (ata o minuto 4)



TRABALLO INVESTIGACIÓN

DESCARGAR

https://drive.google.com/file/d/1PM40tEQyMzkY5GnPo0HUyByj2wVg3VGz/view?usp=sharing

BEETHOVEN

 BEETHOVEN




Beethoven foi un xenial compositor e un dos máis famosos de todos os tempos, e aproveito para presentarvos unha Web: "Beethoven for kinder" dedicada a el, na que tedes imaxes, animaciones, textos sobre a vida, as composicións, familia,etc. (aproveitade os que tedes que facer algún traballo)

2º ESO MÚSICA

2º ESO
MÚSICA




2º ESO - FORMA MUSICAL-

Bo día. Hoxe imos repasar as formas musicais a través de exemplos prácticos. Para iso déixovos uns enlaces a Youtube nos que poderedes escoitar fragmentos ou pezas completas.
Primeiro un repaso xeral das formas


Aínda que xa estaba recollida no vídeo anterior aquí tedes unha explicación mellor do Rondó


Aquí déixovos música, un dos exemplos máis coñecidos da forma Tema con variacións


Agora escoitade un canon. Xa sabedes que o canon é unha forma musical na que as distintas partes incorpóranse sucesivamente repetindo a melodía da voz principal. O sorprendente do Canon do Cangrejo de Johann Sebastian Bach é que o acompañamento repite exactamente o feito pola voz principal pero en sentido inverso, o cal pódese ver perfectamente na partitura: o pentagrama de abaixo repite o escrito no de arriba pero invertido no tempo. Direino doutro xeito: unha melodía interpretada marcha atrás sérvese de acompañamiento a si mesma.




































E para rematar déixovos aquí unha explicación da fuga

martes, 17 de marzo de 2020

TRABALLO 1º BACH OBRADOIRO DE TEATRO

OBRADOIRO DE TEATRO





Traballo teórico: O método Stanislavsky

Memorización das obras teatrais que estábamos a ensaiar ("A piragua" "A árbre"). Á volta pedireivos a interpretación individual dalgún fragmento (o texto ten que estar ben memorizado, así como os movementos e expresións máis axeitados para cada momento)

TRABALLO 1º BACH LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL

1º BACH
LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL
Traballo: prepara una exposición sobre O aparato fonador (órganos, función, tipos de voz, colocación da voz, enfermedades, e calquer outro aspecto relacionado coa emisión da voz)

Audicións: prepara un programa de radio sobre as seguintes obras de Beethoven (estamos no ano Beethoven)

Septimino

Concerto Emperador (1º movemento)


Missa Solemnis: Gloria


Sinfonía nº 7 (2º movemento)


Sonata "Patética" (2º movemento)


Gran Fuga


Obertura Coriolano



Teoría


luns, 16 de marzo de 2020

TRABALLO ARTES ESCÉNICAS E DANZA

4º ESO
ARTES ESCÉNICAS E DANZA


A DANZA
Fai un traballo buscando información sobre as seguintes termos e personaxes. Ordénaos cronolóxicamente e prepara unha exposición a partir de dous deles
-Danza Butoh
- Serge Diaghilev
- María Camargo
-Terpsícore
- Ballet imperial ruso e Marius Petipa
- O Ballet das monxas
- Alicia Alonso
- Danzas da morte
- Carlo Blasis
- Isadora Duncan
-Martha Graham

Elabora e grava un mónologo (de creación propia) sobre calquer tema de actualidade. Duración 3-4 minutos. 



TRABALLO 3º CULTURA CLÁSICA

3º ESO
CULTURA CLÁSICA

TEMA DO MITO

Lectura do tema
Localización de obras artísticas sobre os personaxes de Prometeo e Pandora (Indicación de autor, xénero, época)
Exercicios do tema