xoves, 23 de abril de 2020
mércores, 22 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO
DÍA DO LIBRO 2020
Hoxe non estamos celebrando o Día do Libro na nosa biblioteca, nin nas nosas aulas, nin nas nosas librarías , pero hoxe celebramos esta data dun xeito moi especial porque, malia o que estamos vivindo, atopamos un motivo ilusionante para achegarnos e reunirnos ao redor do libro e da lectura.
Se a lectura é, a meirande parte das veces, un acto solitario e individual, o seu poder e o poder do libro puido facer posible esta colectiva e marabillosa resposta a unha convocatoria á que acudiron representantes de todos os sectores da comunidad educativa. E con todas as súas achegas é posible visualizar neste vídeo as moitas posibilidades que o libro nos ofrece.
Damos as grazas a todos os que participaron na súa creación e, en especial, aos alumnos e alumnas que xa non están neste curso no instituto, porque a súa colaboración deixa claro o vínculo creado: sabemos que podemos contar con eles, saben que poden contar con nós.
E desde aquí volvemos repetir #AbrimosUnLibroEQuedamosNaCasa
📗📘📙📚📖🏡🏨
domingo, 19 de abril de 2020
MÁIS MÚSICA
SÓ PARA ESCOITAR
Baixo a premisa "o Barroco mola", que dicía Jaime Altozano, hoxe déixovos para escoitar unha xoia dunha enorme beleza e delicadeza. Trátase dun aria da capo (tres sección ABA´) na voz dun dos mellores contratenores actuais, Philippe Jarousky. Espero que vos guste.
Vedrò con mio diletto / L'alma dell'alma mia / Il core del mio cor / Pien di contento
E se dal caro oggetto / Lungi convien che sia / Sospirerò penando ogni momento
Verei con deleite / A alma da miña alma / O corazón do meu corazón / Cheo de alegria
E si do obxecto querido / Lonxe convén que estea / Suspirarei atormentado a cada momento
E si do obxecto querido / Lonxe convén que estea / Suspirarei atormentado a cada momento
"Vedró con mio diletto"
Vivaldi
Vivaldi
mércores, 15 de abril de 2020
domingo, 12 de abril de 2020
ENTREGA DE TAREFAS
ENTREGA DE TAREFAS
Música/Valores 2ºB/Artes Escénicas/Obradoiro de teatro
Bo día a todos, xa vai facer un mes desde que vos mandei algunhas tarefas, polo que xa é hora de que me mandedes o voso traballo.
Vóuvolo a pedir escalonadamente (non vai ir todo xunto) e cada grupo de tarefas terédelas que entregar nas datas sinaladas (ademáis vou ir subindo algunhas solucións e respostas polo que non me enviedes o que xa poida estar corrixido). Tivestes suficiente tempo para ir facendo os traballos con calma así que agora toca ver o que fixestes.
Algúns xa mandástedes os vosos traballos e fixestes os tests polo que estaredes máis descansados. En relación cos tests insisto: os que non vos rexistredes facede unha captura de pantalla do resultado e mandarma porque senón non hai constancia de que os fixestes
ENTREGA DO 15 AO 22 DE ABRIL
2º ESO MÚSICA
Os exercicios do primeiro pdf
Os traballos de Musescore (lembrade que hai un exercicio de Musescore no pdf)
O test de FORMA MUSICAL
3º ESO MÚSICA
As preguntas do primeiro pdf (barroco)
O test do BARROCO
1º BACH LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL
As preguntas sobre sistemas de afinación e o fenómeno físico-armónico
As audicións de Beethoven
2º ESO B VALORES ÉTICOS
O traballo sobre democracia, estado de dereito e constitución
4º ESO ARTES ESCÉNICAS E DANZA
O traballo de buscar información (breve) e ordenar cronolóxicamente os personaxes e términos do mundo da danza
A preparación dun traballo máis extenso sobre dous deles
1º BACH OBRADOIRO DE TEATRO
O traballo sobre o método Stanislavsky
sábado, 11 de abril de 2020
venres, 10 de abril de 2020
UN POUCO DE MÚSICA
PAIXÓN SEGUNDO SAN MATEO
J.S.BACH
Bos días, hoxe convídovos a escoitar parte dunha das obras musicais máis importantes de todos os tempos. Sabedes que é unha Paixón? (os alumnos de 3º si), Pois ben, unha Paixón é unha obra que narra a paixón e morte de Cristo segundo relatan os evanxeos (moi adecuado nesta data). E para iso emprega solistas, coro e orquestra. Eran concibidas como unha especie de “óperas sacras”, compostas por recitativos, arias e coros. Evidentemente, non son óperas, xa que carecen de representación e escenificación; pero o argumento e a tensión dramática achégaas ao xénero teatral. O texto bíblico atópase musicalizado de forma relativamente sinxela en recitativos, mentres que as arias, longas e contemplativas, presentan novos textos poéticos que comentan os diversos eventos da narración bíblica,
A obra máis importante deste xénero é "A Paixón segundo San Mateo" de Bach, e aquí déixovos dous fragmentos dunha enorme beleza, espero que os disfrutedes.
O primeiro é o coro inicial
A obra máis importante deste xénero é "A Paixón segundo San Mateo" de Bach, e aquí déixovos dous fragmentos dunha enorme beleza, espero que os disfrutedes.
O primeiro é o coro inicial
E o segundo é un aria
luns, 6 de abril de 2020
sábado, 4 de abril de 2020
3º ESO MÚSICA
3º ESO
CLASE
BARROCO
Bo día, xa sei que estades de vacacións, pero non vos vou falar de nada novo. Déixovos unha "clase" na que vos explico o período barroco (que é o que vides traballando) por si tedes algunha dúbida e que podedes consultar cando queirades. O vídeo quedou un pouco longo pero espero que aguantedes ata o final porque repasamos todo o período. Logo será máis fácil facer o test.
Aquí vos deixo o pdf da exposición a modo de resumen
Por certo aquí tedes una "biografía" de J.S.Bach en menos dous minutos
xoves, 2 de abril de 2020
2º ESO MÚSICA
2º ESO
CLASE
CLASE
FORMA MUSICAL
Bo día, aquí vos deixo a vídeo-clase sobre o material que xa tedes algo traballado. Explicaréivos a forma musical cunha ferramenta que, creo, permíteme chegar a vos dun xeito máis directo, e que podedes consultar sempre que queirades.
Os que aínda non fixestes o test sobre a forma facédelo logo desta explicación (e recordo o de rexistrarvos en educaplay). O son non é moi bo, pero temos que botar man do que se pode. Se vos queda algunha dúbida tedes o correo ao que estivestes mandando traballos durante o curso para preguntar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

